Especializado en identidade visual ou corporativa, pero con experiencia tamén en packaging, publicidade e deseño web.

 

Desde Pontevedra desenvolvo traballos para empresas e institucións ademais de colaborar con proxectos como o xornal dixital Pontevedra Viva.

 

Formeime na EASD Pablo Picasso de A Coruña, e creo no bo deseño baseado en conceptos sinxelos e na comunicación acertada.